1 de dez. de 2012

CHEGA O NADAL

 ...e chegou decembro, o mes de Nadal.

Aquí vos deixamos o enlace a unha interesante páxina onde poderemos descubrir o porque dalgunhas tradicións que, por costume, asumimos ano tras ano sen preguntarnos, moitas veces, de onde proceden.

              Que o disfrutedes.

 

28 de out. de 2012

SAMAÍN 2012


Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc.
http://vello.vieiros.com/vieirosdaescola/

O EDNL e o Departamento de Lingua e Literatura galega do noso instituto convocan un ano máis o CONCURSO SAMAÍN 2012. Parabens e a participar.

21 de set. de 2012

10% desconto na papeleria Carlín para os asosociados

Os socios da ANPA AS MERCEDES teñen un 10% de desconto na papeleria
  Avenida de Madrid, 41
Lugo

Pódese presentar a folla de asociado selada pola ANPA ou ven o resgardo bancario do pago da cota.
A quen o solicite daraselle o carné de asociado.