27 de set. de 2013

PLATAFORMA DAS MERCEDES: CONTRA A LOMCE

Marcha a Santiago de Compostela contra a LOMCE o 28 de setembro.
 
Marcha contra este desastre chamado LOMCE e contra todos estes recortes que se estan a facer na Educación Pública. E que veñades  e participedes, como sempre facedes, nesta loita pola educación e o  benestar das nosas fillas e fillos, das fillas e fillos do noso País!

Para asisitir  habera autobuses. 
Calquera dúbida que teñades 609 983876

15 de set. de 2013

IES AS MERCEDES NON DI ADEUS: RECLAMA UN IES NA ZONA SUR DE LUGO



O IES AS MERCEDES  A PLATAFORMA EN DEFENSA DO IES AS MERCEDES EMPEZARÁ O CURSO O PRÓXIMO LUNS COLOCANDO UNHA PANCARTA NO IES AS MERCEDES RECLAMANDO UN INSTITUTO PÚBLICO DE ENSINO MEDIO NA ZONA SUR DE LUGO
As Mercedes, a 14 de Setembro do 2013

                Para os alumnos e país da Zona Sur de Lugo e do concello do Corgo rematabamos o curso pasado reivindicando que o crecemento continuado da poboación escolar nesta zona necesitaba dun Instituto de Ensino Medio e que nesa reivindicación continuaríamos ata conseguilo. Fronte a estas nosas razóns, a Consellería de Educación argumentaba que se pechaba para poder incrementar a oferta educativa na Formación Profesional e que os non había problemas de prazas para os nosos alumnos de ESO e BAC.
                Mais, agora, no inicio do novo curso escolar, podemos comprobar que nin unha cousa nin outra resultan ser verdade. En efecto, os feitos demostran
-que a escolarización dos nosos fillos nos IES Lucus Augusti, Ollos Grandes e San Xillao está feita á conta dunha masificación inaceptable de ata máis de 30 alumnos por aula nas que é imposible que o profesorado , por moita boa vontade e profesionalidade que lle poda dedicar a cada alumno a atención que se require para un ensino motivador e de calidade e á conta de seguir mantendo as subvencións aos centros concertados;
-que a ampliación da FP que a Xunta utilizou como escusa quedou limitada á duplicación dun ciclo de Transporte a distancia, á seguir mantendo un ciclo da derrogada Lei Xeral de Educación de Educación xunto á implantación do ciclo LOE e a implantación dun innovador ciclo superior de Deseño de proxectos de instalacións térmicas e de fluídos  cun só solicitante en primeira opción e cunha matrícula aínda sen cerrar a dia de hoxe, o cal demostra que a Consellería nin sequera fixo estudo algún sobre a demanda da FP.
                Co inicio deste curso a nosa reivindicación ten, pois, máis razóns e queremos visualizalas colocando o próximo luns, dia 16, ás 10 da mañá diante do IES AS MERCEDES deixando colocada unha pancarta no entorno do novo CIFP coa nosa reivindicación: 
EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO
A ZONA SUR DE LUGO NECESITA DUN INSTITUTO DE ENSINO MEDIO.
Co cal queremos tamén recordarlle á Consellería de Educación que ningunha mellora nin ampliación da Formación Profesional pode ser incompatible coas ensinanzas da ESO e BAC.

14 de set. de 2013

IES AS MERCEDES NON DI ADEUS AÍNDA QUE LLE CAMBIEN O NOME


CÁMBIANOS DE NOME: PERO SEGUIMOS NECESITANDO O IES
O LUNS 16 DE SETEMBRO
CONCENTRACIÓN
 DIANTE DO IES AS MERCEDES as 10h

PLATAFORMA POLA DEFENSA DO IES AS MERCEDES convoca concentración diante do IES AS MERCEDES o luns 16 de setembro as 10 h en reinvidación dun IES PARA A ZONA SUR DE LUGO

4 de set. de 2013

IES AS MERCEDES NON DI ADEUS: O CONCELLO DE LUGO PIDE UN INSTITUTO PARA LA ZONA SUR DE LUGO

O CONCELLO DE LUGO ACORDA INSTAR DA XUNTA DE GALICIA A CREACIÓN DUN INSTITUTO DE ENSINO MEDIO NA ZONA SUR DE LUGO

Con motivo do debate no Pleno Municipal de onte luns, dia 2, dunha moción do goberno municipal instando da Consellería de Educación a creación dun Instituto Público de Ensino Medio  na zona Sur de Lugo, a Plataforma en defensa do IES AS MERCEDES estivo onte presente no Pleno a través de representantes veciñais, de representantes das ANPAS do colexios de infantil e primaria Illa Verde e As Mercedes, representantes da ANPA e membros da comunidade educativa do suprimido IES.
                No pleno despregamos unha faixa co lema NA ZONA SUR DE LUGO NECESITAMOS FP, NECESITAMOS ESO E BAC coa que quixemos explicitar ante os membros da corporación municipal o que esta plataforma ven manifestando dende un principio:
a) que o crecemento continuado da poboación escolar na zona Sur necesita dun Instituto Publico de Ensino Medio capaz de atender dende a oferta pública a toda esa potencial demanda;
b) que ningunha mellora e ningunha ampliación da FP pode ser incompatible coas ensinanzas  da ESO e BAC.

En relación ao debate do pleno temos que empezar agradecéndolle ao grupo de goberno municipal a oportunidade desta moción e agradecerlles aos concelleiros do PSOE e do BNG o apoio á mesma. En relación á abstención dos concelleiros do PP  queremos empezar por manifestar que tamén agradecemos o seu cambio de postura en relación aos seus posicionamentos anteriores, se ben lamentamos que na súa argumentación non fagan máis que reiterar as mentiras e medias verdades da Consellería de Educación:
-non se pode argumentar para defender a supresión do IES AS MERCEDES que sobran prazas educativas nos Centros de Ensino Público cando isto se fai á costa de masificar os demais centros da cidade e de seguir mantendo a mesma oferta de centros concertados subvencionados con cartos de todos, cando estas subvencións só se poden xustificar no caso en que os Centros Públicos non sexan capaces de atender  a totalidade da demanda educativa;
En calquera caso agardamos que este cambo de postura do Sr. Castiñeira teña a necesaria continuidade no momento de seren consultados pola Consellería de Educación, porque dende a PLATAFORMA EN DEFENSA DO IES AS MERCEDES seguiremos insistindo diante da opinión pública e diante das Institucións na necesidade deste Instituto Público de Ensino Medio na zona Sur de Lugo.
                Neste camiño de continuar coa reivindicación en breve manteremos unha reunión desta plataforma cidadá cos Sindicatos do Ensino para facer unha primeira programación de actividades para o presente curso.

Plataforma cidadá en defensa do IES AS MERCEDES

1 de set. de 2013

IES AS MERCEDES NON DI ADEUS: COMENZA O CURSO

Mañá luns 2 de setembro
no pleno do Concello de Lugo defenderase a petición á Xunta de Galicia dun IES para a zona sur de Lugo.
Os panos verdes do IES As Mercedes volveran estar presentes ás
18:45 diante do Concello.
ACUDIDE e DIFUNDIDE
 
NOTA DE PRENSA
 

IES AS MERCEDES NON DI ADEUS: notas e cantigas

Logo comeza un novo curso: algúns con temas para recuperar 
e todos cun novo camiño a percorrer