15 de set. de 2013

IES AS MERCEDES NON DI ADEUS: RECLAMA UN IES NA ZONA SUR DE LUGO



O IES AS MERCEDES  A PLATAFORMA EN DEFENSA DO IES AS MERCEDES EMPEZARÁ O CURSO O PRÓXIMO LUNS COLOCANDO UNHA PANCARTA NO IES AS MERCEDES RECLAMANDO UN INSTITUTO PÚBLICO DE ENSINO MEDIO NA ZONA SUR DE LUGO
As Mercedes, a 14 de Setembro do 2013

                Para os alumnos e país da Zona Sur de Lugo e do concello do Corgo rematabamos o curso pasado reivindicando que o crecemento continuado da poboación escolar nesta zona necesitaba dun Instituto de Ensino Medio e que nesa reivindicación continuaríamos ata conseguilo. Fronte a estas nosas razóns, a Consellería de Educación argumentaba que se pechaba para poder incrementar a oferta educativa na Formación Profesional e que os non había problemas de prazas para os nosos alumnos de ESO e BAC.
                Mais, agora, no inicio do novo curso escolar, podemos comprobar que nin unha cousa nin outra resultan ser verdade. En efecto, os feitos demostran
-que a escolarización dos nosos fillos nos IES Lucus Augusti, Ollos Grandes e San Xillao está feita á conta dunha masificación inaceptable de ata máis de 30 alumnos por aula nas que é imposible que o profesorado , por moita boa vontade e profesionalidade que lle poda dedicar a cada alumno a atención que se require para un ensino motivador e de calidade e á conta de seguir mantendo as subvencións aos centros concertados;
-que a ampliación da FP que a Xunta utilizou como escusa quedou limitada á duplicación dun ciclo de Transporte a distancia, á seguir mantendo un ciclo da derrogada Lei Xeral de Educación de Educación xunto á implantación do ciclo LOE e a implantación dun innovador ciclo superior de Deseño de proxectos de instalacións térmicas e de fluídos  cun só solicitante en primeira opción e cunha matrícula aínda sen cerrar a dia de hoxe, o cal demostra que a Consellería nin sequera fixo estudo algún sobre a demanda da FP.
                Co inicio deste curso a nosa reivindicación ten, pois, máis razóns e queremos visualizalas colocando o próximo luns, dia 16, ás 10 da mañá diante do IES AS MERCEDES deixando colocada unha pancarta no entorno do novo CIFP coa nosa reivindicación: 
EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO
A ZONA SUR DE LUGO NECESITA DUN INSTITUTO DE ENSINO MEDIO.
Co cal queremos tamén recordarlle á Consellería de Educación que ningunha mellora nin ampliación da Formación Profesional pode ser incompatible coas ensinanzas da ESO e BAC.

Nenhum comentário:

Postar um comentário