4 de set. de 2013

IES AS MERCEDES NON DI ADEUS: O CONCELLO DE LUGO PIDE UN INSTITUTO PARA LA ZONA SUR DE LUGO

O CONCELLO DE LUGO ACORDA INSTAR DA XUNTA DE GALICIA A CREACIÓN DUN INSTITUTO DE ENSINO MEDIO NA ZONA SUR DE LUGO

Con motivo do debate no Pleno Municipal de onte luns, dia 2, dunha moción do goberno municipal instando da Consellería de Educación a creación dun Instituto Público de Ensino Medio  na zona Sur de Lugo, a Plataforma en defensa do IES AS MERCEDES estivo onte presente no Pleno a través de representantes veciñais, de representantes das ANPAS do colexios de infantil e primaria Illa Verde e As Mercedes, representantes da ANPA e membros da comunidade educativa do suprimido IES.
                No pleno despregamos unha faixa co lema NA ZONA SUR DE LUGO NECESITAMOS FP, NECESITAMOS ESO E BAC coa que quixemos explicitar ante os membros da corporación municipal o que esta plataforma ven manifestando dende un principio:
a) que o crecemento continuado da poboación escolar na zona Sur necesita dun Instituto Publico de Ensino Medio capaz de atender dende a oferta pública a toda esa potencial demanda;
b) que ningunha mellora e ningunha ampliación da FP pode ser incompatible coas ensinanzas  da ESO e BAC.

En relación ao debate do pleno temos que empezar agradecéndolle ao grupo de goberno municipal a oportunidade desta moción e agradecerlles aos concelleiros do PSOE e do BNG o apoio á mesma. En relación á abstención dos concelleiros do PP  queremos empezar por manifestar que tamén agradecemos o seu cambio de postura en relación aos seus posicionamentos anteriores, se ben lamentamos que na súa argumentación non fagan máis que reiterar as mentiras e medias verdades da Consellería de Educación:
-non se pode argumentar para defender a supresión do IES AS MERCEDES que sobran prazas educativas nos Centros de Ensino Público cando isto se fai á costa de masificar os demais centros da cidade e de seguir mantendo a mesma oferta de centros concertados subvencionados con cartos de todos, cando estas subvencións só se poden xustificar no caso en que os Centros Públicos non sexan capaces de atender  a totalidade da demanda educativa;
En calquera caso agardamos que este cambo de postura do Sr. Castiñeira teña a necesaria continuidade no momento de seren consultados pola Consellería de Educación, porque dende a PLATAFORMA EN DEFENSA DO IES AS MERCEDES seguiremos insistindo diante da opinión pública e diante das Institucións na necesidade deste Instituto Público de Ensino Medio na zona Sur de Lugo.
                Neste camiño de continuar coa reivindicación en breve manteremos unha reunión desta plataforma cidadá cos Sindicatos do Ensino para facer unha primeira programación de actividades para o presente curso.

Plataforma cidadá en defensa do IES AS MERCEDES

Nenhum comentário:

Postar um comentário