VOCES INDIGNADAS
Revista do movento
15 M de Lugo
nº22 xuño 2013
Desmantelamento do
ensino: As Mercedes
Defender
o IES As Mercedes é defender o teu
instituto.
O
Decreto de conversión do Ies As Mercedes nun Centro Integrado ignifica a
supresión na cidade, dun segundo Instituto de Ensino Medio en dous anos,
lembrémonos do Politécnico. Este Decreto foi aprobado
sen
estudios nin consensos algo que o demostra o desenrolo do mesmo:
-Non se
contou cos centros nin co Consello Escolar Municipal.
-Perdida
do dereito de rematar as etapas académicas no centro escollido. A reubicación dos alumnos do noso
Ies,ten carácter
forzoso,por
mor de unha decisión política.
-Ausencia
de planificación previa así o
demostra
que:
* O 4 de
Abril, daselles as familias 24horas para facer reserva interna en centros non
de orixen. Ampliase hasta o día 9. Poñendo varias opcións de centro, a costa
das vacantes a disposición dos lucenses, no Ollos Grandes, Lucus e San Xillao,
expostas no taboeiro de anuncios para o
proceso admisión externa do 5 ao 17 de Abril.
*
Cubrindo por dúas veces a reserva, xa que o venres 12 de Abril, apareceron de
debaixo das pedras 19 prazas no Lucus , en 4º
da Eso,
e volta a cubrir reservas....
*
Firmando a perdida do transporte e comedor aos alumnos do Corgo noutros centros
distintos ao Sanxillao e 3 horas despois firmando o contrario. Todo esto
constata a improvisación e os danos que casiona o Decreto aprobado son ven
visibles, levandonós a:
-Fomento
do fracaso escolar, pola perda de referentes psicopedagoxicos e dun proxecto educativo
eficiente, así o demostran os premios acadados. Os alumnos non son mobiliario
de oficina, son persoas formándose académicamente e para ser sociedade, para o
cal nestas edades e fundamental ter unha seguridade e estabilidade emocional, que
o aporta a interacción do profesorado cas familias.
-Se o
obxetivo é ter un ensino de calidade non se entende porque se firman medidas que
nos colocan peor que hai trinta anos, xa que o aumento de alumnos por aula é
evidente, o cal nos leva a menos recursos a utilizar por mais alumnado.
-Coa
pérdida de atención individualizada e de apoios para os alumnos que teñen
dificultades de aprendizaxe, tamén para os centros que acolleran aos alumnos do
Ies As Mercedes, xa saturados e a demanda futura que esta en aumento.
Non é
incompatible a convivencia e cohesión da FP co Ensino Secundario e Bac no IES
As Mercedes. De feito a convivencia das
mesmas
axudan aos alumnos a decantarse por unha das opcións formativas, sin tanto risco
de fracaso. Do contrario nos outros IES
aos que
nos mandan, que tamén teñen ciclos formativos, a Consellería, ¿tamén lles van a
aplicar o Decreto?.
Económicamente
investironse unhos cartos no IES As Mercedes, para melloras na secundaria,
tampouco se entende que se tiren, ese investimento non é aproveitable por a
normativa de espazos que se exise na FP, e na cal o maior problema reside nos
talleres, que sería o que ten que solucionar a Consellería para ter unha FP
actualizada e
moderna,
porque da eficiencia xa se encargan de poñela os mestres e os alumnos en colaboración
cos de Secundaria e Bac.
A
creación de novas prazas en Ciclos Formativos, e totalmente viable e compatible
dentro dos centros existentes na cidade, sin caer en gastos suplerfuos de
cambiarlle o nome as cousas, de feito teñen un centro ocupacional próximo o
noso IES, totalmente infravalorado. Investir en educación é facer que os
recursos existentes se potencien non desmantelar o que funciona.
Hai un
mes a Conselleria, decía que había 1500 prazas dispoñibles, agora xa son 1000,
aínda que fose certo, serían prazas para toda a cidade máis as zonas
limítrofes, sumando a demanda dos centros
concertados
da cidade que non ofrecen Bac, a excepción de un.
Estando
a maioria destas prazas en BAC (299) ensinanza non obligatoria, de feito no Ollos
Grandes hai 0 prazas para 2º de Eso
e no
Lucus había 0 para 4º da ESO, despois reinventaronse 19, como expusemos antes.
A cidade
de Lugo non gana prazas de ensino , PERDE o único IES da zona sur de Lugo, zona
de amplio crecemento demográfico, hai 949 nenos e nenas entre 1 e 14 anos
censados nesta zona, de feito ampliáronse as lineas por curso, este Decreto non
poderá ser sostido a corto ou medio prazo, e ca implantación de centros
integrados que
non
están rexidos coma un centro escolar escóndese unha rivatización da FP.
A Plataforma
en defensa do IES As Mercedes segue loitando por
paralizar a súa transformación en centro integrado de FP, que supón a
eliminación do ensino secundario e o Bac no único instituto do sur de Lugo.
Defendendo a necesidade de seguir mantendo as ensinanzas de ESO e BAC no
Instituto, por tratarse dunha zona de continuado crecemento demográfico que, a
curto e/ou medio prazo, se ampliará considerablemente coa construcción das máis
de 4000 novas vivendas no polígono residencial de Sanfiz, colindante co
Instituto,
sensibilizar ao grupodo Goberno e á Consellería de Educación sobre a necesidade
de revisar unha decisión que, á vista das explicacións que coñecemos a través
dos medios de comunicación, carece de todo tipo de motivación e de todo tipo de
informes e estudos previos sobre as necesidadesde escolarización: a suspensión
do concurso de traslados do profesorado en Lugo cidade e as sucesivas
modificacións na adscripción do alumnado é boa demostración da falta de
calquera estudo e informe ao respecto.
Para
rematar, e co convencemento de que a Consellería ten outras alternativas de
ampliación e potenciación da oferta educativa de FP perfectamente compatible co
mantemento da ESO e BAC.
O
Valedor do Pobo admitiu a trámite a reclamación presentada pola Plataforma en
Defensa
del IES
As Mercedes contra a Consellería de Educación. Entre multitude de actos de protesta,
están levando a cabo unha recollida de sinaturas que xa conta con máis de 10.000
asinantes. Ademais ó colectivo presentou un contencioso ante o Tribunal
Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) contra a Xunta pola decisión
"unilateral" de transforma-lo instituto lucense nun centro integrado
de Formación Profesional para o próximo curso.