25 de jun. de 2013

IES AS MERCEDES NON DI ADEUS: Publicación na revista 15M de Lugo



VOCES INDIGNADAS

Revista do movento 15 M de Lugo 
nº22 xuño 2013
 Desmantelamento do ensino: As Mercedes
Defender o IES As Mercedes é defender o teu instituto.
 
O Decreto de conversión do Ies As Mercedes nun Centro Integrado ignifica a supresión na cidade, dun segundo Instituto de Ensino Medio en dous anos, lembrémonos do Politécnico. Este Decreto foi aprobado
sen estudios nin consensos algo que o demostra o desenrolo do mesmo:
-Non se contou cos centros nin co Consello Escolar Municipal.
-Perdida do dereito de rematar as etapas académicas no centro  escollido. A reubicación dos alumnos do noso Ies,ten carácter
forzoso,por mor de unha decisión política.
-Ausencia de planificación previa así o
demostra que:
* O 4 de Abril, daselles as familias 24horas para facer reserva interna en centros non de orixen. Ampliase hasta o día 9. Poñendo varias opcións de centro, a costa das vacantes a disposición dos lucenses, no Ollos Grandes, Lucus e San Xillao, expostas no taboeiro de  anuncios para o proceso admisión externa do 5 ao 17 de Abril.
* Cubrindo por dúas veces a reserva, xa que o venres 12 de Abril, apareceron de debaixo das pedras 19 prazas no Lucus , en 4º
da Eso, e volta a cubrir reservas....
* Firmando a perdida do transporte e comedor aos alumnos do Corgo noutros centros distintos ao Sanxillao e 3 horas despois firmando o contrario. Todo esto constata a improvisación e os danos que casiona o Decreto aprobado son ven visibles, levandonós a:
-Fomento do fracaso escolar, pola perda de referentes psicopedagoxicos e dun proxecto educativo eficiente, así o demostran os premios acadados. Os alumnos non son mobiliario de oficina, son persoas formándose académicamente e para ser sociedade, para o cal nestas edades e fundamental ter unha seguridade e estabilidade emocional, que o aporta a interacción do profesorado cas familias.
-Se o obxetivo é ter un ensino de calidade non se entende porque se firman medidas que nos colocan peor que hai trinta anos, xa que o aumento de alumnos por aula é evidente, o cal nos leva a menos recursos a utilizar por mais alumnado.
-Coa pérdida de atención individualizada e de apoios para os alumnos que teñen dificultades de aprendizaxe, tamén para os centros que acolleran aos alumnos do Ies As Mercedes, xa saturados e a demanda futura que esta en aumento.
Non é incompatible a convivencia e cohesión da FP co Ensino Secundario e Bac no IES As Mercedes. De feito a convivencia das
mesmas axudan aos alumnos a decantarse por unha das opcións formativas, sin tanto risco de fracaso. Do contrario nos outros IES
aos que nos mandan, que tamén teñen ciclos formativos, a Consellería, ¿tamén lles van a aplicar o Decreto?.
Económicamente investironse unhos cartos no IES As Mercedes, para melloras na secundaria, tampouco se entende que se tiren, ese investimento non é aproveitable por a normativa de espazos que se exise na FP, e na cal o maior problema reside nos talleres, que sería o que ten que solucionar a Consellería para ter unha FP actualizada e
moderna, porque da eficiencia xa se encargan de poñela os mestres e os alumnos en colaboración cos de Secundaria e Bac.
A creación de novas prazas en Ciclos Formativos, e totalmente viable e compatible dentro dos centros existentes na cidade, sin caer en gastos suplerfuos de cambiarlle o nome as cousas, de feito teñen un centro ocupacional próximo o noso IES, totalmente infravalorado. Investir en educación é facer que os recursos existentes se potencien non desmantelar o que funciona.
Hai un mes a Conselleria, decía que había 1500 prazas dispoñibles, agora xa son 1000, aínda que fose certo, serían prazas para toda a cidade máis as zonas limítrofes, sumando a demanda dos centros
concertados da cidade que non ofrecen Bac, a excepción de un.
Estando a maioria destas prazas en BAC (299) ensinanza non obligatoria, de feito no Ollos Grandes hai 0 prazas para 2º de Eso
e no Lucus había 0 para 4º da ESO, despois reinventaronse 19, como expusemos antes.
A cidade de Lugo non gana prazas de ensino , PERDE o único IES da zona sur de Lugo, zona de amplio crecemento demográfico, hai 949 nenos e nenas entre 1 e 14 anos censados nesta zona, de feito ampliáronse as lineas por curso, este Decreto non poderá ser sostido a corto ou medio prazo, e ca implantación de centros integrados que
non están rexidos coma un centro escolar escóndese unha rivatización da FP.
A Plataforma en defensa do IES As Mercedes segue loitando por paralizar a súa transformación en centro integrado de FP, que supón a eliminación do ensino secundario e o Bac no único instituto do sur de Lugo. Defendendo a necesidade de seguir mantendo as ensinanzas de ESO e BAC no Instituto, por tratarse dunha zona de continuado crecemento demográfico que, a curto e/ou medio prazo, se ampliará considerablemente coa construcción das máis de 4000 novas vivendas no polígono residencial de Sanfiz, colindante co
Instituto, sensibilizar ao grupodo Goberno e á Consellería de Educación sobre a necesidade de revisar unha decisión que, á vista das explicacións que coñecemos a través dos medios de comunicación, carece de todo tipo de motivación e de todo tipo de informes e estudos previos sobre as necesidadesde escolarización: a suspensión do concurso de traslados do profesorado en Lugo cidade e as sucesivas modificacións na adscripción do alumnado é boa demostración da falta de calquera estudo e informe ao respecto.
Para rematar, e co convencemento de que a Consellería ten outras alternativas de ampliación e potenciación da oferta educativa de FP perfectamente compatible co mantemento da ESO e BAC.
O Valedor do Pobo admitiu a trámite a reclamación presentada pola Plataforma en Defensa
del IES As Mercedes contra a Consellería de Educación. Entre multitude de actos de protesta, están levando a cabo unha recollida de sinaturas que xa conta con máis de 10.000 asinantes. Ademais ó colectivo presentou un contencioso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) contra a Xunta pola decisión "unilateral" de transforma-lo instituto lucense nun centro integrado de Formación Profesional para o próximo curso.




Nenhum comentário:

Postar um comentário