10 de jun. de 2013

IES AS MERCEDES NON DI ADEUS: XORNADAS DE PORTAS ABERTAS



NOTA DE PRENSA:

O IES AS MERCEDES FUNCIONA, NON O DESINTEGREDES
O IES AS MERCEDES NON DI ADEUS

            Retomando a actividades das Xornadas de Portadas Abertas que, -coa finalidade de destacar o compromiso deste IES coa Formación Profesional e co seu entorno social-, se iniciaron inmediatamente de coñecerse, a través do DOG, a decisión de suprimir o IES AS MERCEDES (sen máis argumentos que a escusa de transformalo nun Centro Integrado de Formación Profesional) hoxe visitaron o Centro representantes da Rede de Cidades Intelixentes, que quedaron total e gratamente sorprendidos do proxecto de eficiencia enerxética instalado no centro.
            Asimesmo, en colaboración coas asociacións de veciños da zona Sur de Lugo (e co apoio de todo o movemento veciñal) organiza un ciclo de charlas sobre “AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA”, impartido por profesores e alumnado do centro e dirixido aos veciños e comunidades de veciños do entorno
            A primeira destas charlas tratará sobre o o sobre “AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NA VIVENDA”, que entendemos que é un tema de interesante actualidade, tanto en relación reducción no importe da factura enerxética, como en relación coa nova normativa sobre a CERTIFICACIÓN ENERXÉTICA que, a partir de agora, se lle vai a esixir as vivendas en venda e en aluguer e terá lugar
Mércores, 12,
ás 8 da tarde
na aula de eficiencia enerxética do IES AS MERCEDES.

            A segunda charla tratará de aclarar conceptos e dúbedas sobre algúns aspectos da mobilidade urbana e interurbana en relación aos “VEHÍCULOS HÍBRIDOS E ELÉCTRICOS” e terá lugar o seguinte mércores, día 19.
            A través destas charlas, dende o IES AS MERCEDES queremos, en primeiro lugar, que os veciños da zona Sur de Lugo teñan a oportunidade de informarse sobre uns temas que consideramos de enorme interese no contexto económico actual, pero tamén de que teñan a oportunidade de coñecer o traballo formativo deste IES e o compromiso de toda a súa comunidade educativa coa promoción e dignificación da Formación Profesional. Dende a Plataforma para a Defensa do IES As Mercedes estamos seguros que ningún veciño é capaz de entender que as ensinanzas de Formación Profesional e/ou a súa ampliación, promoción e dignificación teñan que ser excluíntes coa continuidade da ESO e BAC, coa continuidade do IES. Xa non agardamos que o entenda así a Dirección Xeral de Educación e Formación Profesional, que,  coa súa oferta educativa para o novo CIFP, volve a insultar á intelixencia de todas e todos; mais confiamos en que así o acabe entendendo a Administración de Xustiza.

                       
            no IES As Mercedes, a 10 de Xuño do 2013  


                        O IES AS MERCEDES NON DI ADEUS....

Nenhum comentário:

Postar um comentário