30 de abr. de 2013

ISTO FUNIONA: A DIPUTACIÓN INSTA A DEROGACION DO DECRETO

30 de abril 2013
NO PLENO DA DIPUTACION para ver facer clic eiquí





O IES AS MERCEDES FUNCIONA
NON O DESINTEGREDES

A Plataforma en defensa do IES As Mercedes  segue loitando por paralizar a súa transformación  en centro integrado de FP, que supón a eliminación do ensino secundario e o Bac no único instituto do sur de Lugo.
Membros en representación desta Plataforma asistiron hoxe (30 de abril) ao pleno da Deputación Provincial, ao debate da moción presentada polos grupos de goberno (PSOE e BNG), na que se solicitaba a continuidade da ESO e Bac no IES As Mercedes. Esta Plataforma, ao tempo que agradece aos grupos de goberno o seu apoio aprobando a moción, tamén lamenta que o Grupo Popular na Deputación, cuxa voceira admitiu que “puido haber incorrección nas formas da toma de decisión” ou que a “decisión puidera ser acertada ou non” valore máis a disciplina de partido que os intereses da cidade de Lugo. Confiamos de todas formas que despois de visitar o Centro, ao que se compremeteu a voceira Elena Candia, poidan os membros do Grupo Popular na Deputación percibir doutra forma esta reivindicación que é antes de nada unha reivindicación de cidade: a decisión de pechar un Instituto de ESO e BAC, debera de ter uns argumentos máis convincentes que os de considerar incompatíbeis a ampliación, mellora e potenciación da FP e o ensino secundario.
A saída do Pleno da Diputación Provincial unha representación desta Plataforma entregou no rexistro do Concello a petición de que se inclúa na orde do día do próximo pleno unha moción relativa á necesidade de que se faga un estudo serio das necesidades educativas da zona Sur e de toda a cidade de Lugo, así como das diferentes alternativas coas que responder a tales necesidades, antes de proceder, dunha forma tan pouco reflexiva, á supresión dun IES ubicado nunha zona de continuado crecemento demográfico.
Continuando co traballo de visualizar esta reivindicación, a Plataforma cidadá en defensa do IES As Mercedes participará nas manifestacións do 1º de Maio.

ISTO FUNCIONA: APOIO DA FAPACEL



A FAPACEL segue co seu apoio a comunidade educativa do IES AS MERCEDES.
Hoxe estivemos no pleno da Deputación Provincial, co debate da moción presentada polos grupos do gobernó (PSOE; BNG), na que se solicitaba a continuidade de ESO e BAC no IES AS MERCEDES. A moción saiu aprobada cos votos a favor do PSOE e BNG e, como non, cos votos en contra do PP. Agradecemoslle a portavoz do PP, Elena Candia, que recoñeza públicamente que puidera haber incorrecions nas formas de tomar a decisión e que dubide que a decisión puidera ser acertada. Os argumentos esgrimidos polo PP Provincial parecenos pouco concretos e moi pobres pois basanse en datos supostos. Elena Candia dixo que a Xunta ia dedicar 4 millons de euros en educación en Lugo pero nos orzamentos non existe esta partida como tal. Gustarianos saber a que se van dedicar eses cartos e en que partidas aparecen.
O outro argumento esgrimido foi a esistencia de 1014 prazas nos centros de Lugo para estudantes de Secundaria e Bac, pero o que non explicou é que estas prazas son para os alumnos de toda a cidade que entran para o curso que ven, co cal cando se reuna a comisión de escolarización veremos as prazas que quedan vacantes. De feito hai alumnos do IES AS MERCEDES que quixeron matricularse en algún centro en concreto en cursos de 3 ou 4 de ESO e non tiñan prazas co cal tiveron que cambiar a sua opción.
E o ultimo argumento que se deu para esta “desintegración” foi que o mercado laboral demandaba persoal de Formación Profesional, gustarianos saber que empresas da provincia están a demandar este persoal cando temos na provincia case 30.000 parados.
Todas estas preguntas son as que tamen lle queremos transmitir dende esta Federación o Sr Conselleiro de Educación que dende hai un mes lle temos pedida unha entrevista e ainda non se recibiu resposta

29 de abr. de 2013

ISTO FUNCIONA: AXENDA


  • Hoxe 29 de abril na Reunión da Plataforma en defensa do IES

"acordouse seguir recabando o apoio social a través da recollida de sinaturas e continuar co traballo de seguir facendo visible a reivindicación e a tal fin mañá

30 DE ABRIL

  1. Unha representación da plataforma estará presente no debate da moción que sobre o IES As Mercedes terá lugar (ás 11 da mañá) no Pleno da Diputación 
  2. E tamén presentarán ante a Alcaldía de Lugo un escrito solicitando que sexa levado ao próximo pleno do Concello unha moción pedindo un estudo serio e exhaustivo sobre as necesidades educativas da zona Sur de Lugo, tanto no que afecta a ESO e BAC como infantil e primaria e solicitando, de acordo co actual regulamento de participación cidadá, poder intervir no pleno unha representación desta Plataforma.

Tamén se recordou que está solicitada unha entrevista co Conselleiro de Educación e agardase que non tarde moito máis, pois, de non ser así, a plataforma esta disposta a empapelar a mesma Consellería de Educación con todas as sinaturas recollidas."


Os que poidades os esperamos antes das 11h diante da Diputación

  • ·      Mércores 1 de maio
  1. Levaremos a nosa reivindicación a par da MANIFESTACIÓN. Quedamos ás 11h no IES AS MERCEDES 
 Precisamos que as familias nos envíen ideas para poder levalas a práctica de ser viables. 
 Prégase confirmar asistencia (anpa.asmercedes@gmail.com ou no teléfono 628 865 164) para unha boa organización e visualización.


.NOTICIAS RELACIONADAS: lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2013/04/28/federacion-asociacions-pais-alumnos-reclama-revision-zonificacion-lugo

28 de abr. de 2013

CARTA DUNHA NAI


Video manifestación 25-4-2013
ver  en  http://asmercedesloita.blogspot.com.es/.  minuto 3.17 a esquerda columna "noticias" o final (pon enlaza)

26 de abr. de 2013

ISTO FUNCIONA: TEMOS MAS



1.     AXENDA:

·       Mañá sábado 27
Recollida de firmas en Augas Férreas  (quedamos no “COOK”) ás 18h.

·       Luns 29
Reunión da Plataforma en defensa do IES ás 18,30h no instituto

·      Mércores 1 de maio
Levaremos a nosa reivindicación a par da MANIFESTACIÓN. Quedamos ás 11h no IES AS MERCEDES


2.     Precisamos que as familias nos envíen ideas para poder levalas a práctica de ser viables.

3.     Prégase confirmar asistencia (anpa.asmercedes@gmail.com ou no teléfono 628 865 164) para unha boa organización e visualización.



A PRENSA PUBLICA O 26 DE ABRIL





EN EL PROGRESO


24 de abr. de 2013

CONVOCADO PARÓN ESTUDANTIL EN LUGO CONTRA O PECHE DO IES "AS MERCEDES"


É imprescindible que se difunda isto nas redes sociais para o éxito da convocatoria: Galiza Nova, xunto á Asemblea de Estudantes do IES As Mercedes e co apoio da Liga Estudantil Galega, convoca o estudantado de Lugo a mobilizarse contra o desmantelamento do ensino público. A acción consistirá nun parón xeral o vindeiro xoves 25 de abril, ao que seguirá unha manifestación que ese mesmo día partirá desde o IES As Mercedes ás 11:15 horas e percorrerá as rúas de Lugo na defensa do ensino público.

Desde aquí damos as grazas ás organizacións convocantes por apoiar a nosa causa, e berramos con elas: o ensino é un dereito, non un privilexio!

DEPUTADO DE AGE DENUNCIA O FONDO E AS FORMAS DA DESINTEGRACIÓN DO IES "AS MERCEDES"