9 de abr. de 2013

Deputados de AGE protestan contra a reconversión do IES As Mercedes (Lugo) nun centro integrado de FP


Os deputados de Alternativa Galega de Esquerda, Xabier Ron e Ramón Vázquez, participaron na manifestación contra o anuncio da Xunta de Galicia de reconverter o IES As Mercedes nun centro integrado de FP o que obrigaría a desprazar ao alumnado de secundaria. O deputado Ramón Vázquez destaca o feito que os alumnos e alumnas de secundaria chegaron a este centro desprazados do IES Politécnico de Lugo e un ano despois terían que cambiar outra vez de centro de se levar a cabo a reconversión.
Tras a manifestación, os deputados de AGE realizaron unha visita as instalacións do centro e mantiveron un encontro coa directiva, profesorado e representantes da ANPA que lles trasladaron a súa indignación e malestar pola decisión da Consellería de Educación ao tempo que denunciaron a actuación da Xefatura territorial de Lugo que segundo eles mesmos informaron avisaron as familias afectadas de que tiñan un prazo de 24 horas para realizar a adscrición a un novo centro dos seus fillos e fillas. Os deputados de AGE esixen a supervivencia do IES As Mercedes xa que é un dos que maior demanda de prazas ten tanto de FP como de secundaria.
Alternativa Galega de Esquerda lamenta a falta de consideración da Consellería de Educación coas familias afectadas e denuncia a falta de planificación por parte do Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, que unha vez máis carga ás familias coas consecuencias negativas das súas improvisadas decisións.

Nenhum comentário:

Postar um comentário