30 de abr. de 2013

ISTO FUNIONA: A DIPUTACIÓN INSTA A DEROGACION DO DECRETO

30 de abril 2013
NO PLENO DA DIPUTACION para ver facer clic eiquí





O IES AS MERCEDES FUNCIONA
NON O DESINTEGREDES

A Plataforma en defensa do IES As Mercedes  segue loitando por paralizar a súa transformación  en centro integrado de FP, que supón a eliminación do ensino secundario e o Bac no único instituto do sur de Lugo.
Membros en representación desta Plataforma asistiron hoxe (30 de abril) ao pleno da Deputación Provincial, ao debate da moción presentada polos grupos de goberno (PSOE e BNG), na que se solicitaba a continuidade da ESO e Bac no IES As Mercedes. Esta Plataforma, ao tempo que agradece aos grupos de goberno o seu apoio aprobando a moción, tamén lamenta que o Grupo Popular na Deputación, cuxa voceira admitiu que “puido haber incorrección nas formas da toma de decisión” ou que a “decisión puidera ser acertada ou non” valore máis a disciplina de partido que os intereses da cidade de Lugo. Confiamos de todas formas que despois de visitar o Centro, ao que se compremeteu a voceira Elena Candia, poidan os membros do Grupo Popular na Deputación percibir doutra forma esta reivindicación que é antes de nada unha reivindicación de cidade: a decisión de pechar un Instituto de ESO e BAC, debera de ter uns argumentos máis convincentes que os de considerar incompatíbeis a ampliación, mellora e potenciación da FP e o ensino secundario.
A saída do Pleno da Diputación Provincial unha representación desta Plataforma entregou no rexistro do Concello a petición de que se inclúa na orde do día do próximo pleno unha moción relativa á necesidade de que se faga un estudo serio das necesidades educativas da zona Sur e de toda a cidade de Lugo, así como das diferentes alternativas coas que responder a tales necesidades, antes de proceder, dunha forma tan pouco reflexiva, á supresión dun IES ubicado nunha zona de continuado crecemento demográfico.
Continuando co traballo de visualizar esta reivindicación, a Plataforma cidadá en defensa do IES As Mercedes participará nas manifestacións do 1º de Maio.

Nenhum comentário:

Postar um comentário