É imprescindible que se difunda isto nas redes sociais para o éxito da convocatoria: Galiza Nova, xunto á Asemblea de Estudantes do IES As Mercedes e co apoio da Liga Estudantil Galega, convoca o estudantado de Lugo a mobilizarse contra o desmantelamento do ensino público. A acción consistirá nun parón xeral o vindeiro xoves 25 de abril, ao que seguirá unha manifestación que ese mesmo día partirá desde o IES As Mercedes ás 11:15 horas e percorrerá as rúas de Lugo na defensa do ensino público.
Desde aquí damos as grazas ás organizacións convocantes por apoiar a nosa causa, e berramos con elas: o ensino é un dereito, non un privilexio!
Nenhum comentário:
Postar um comentário