27 de mar. de 2014

IES AS MERCEDESNNON DI ADEUS: ROLDA DE PRENSA



Con motivo de cumprirse esta semana un ano da publicación no DOG da transformación do IES AS MERCEDES en CENTRO INTEGRADO DE FP e o anuncio da Consellería de que vai facer obras por 5,8 millóns de euros no instituto, convocamos unha rolda de prensa para este xoves 27, ás 17:30, no local da Federación Lucense de Prensa no Pazo da Maza (Ruanova), para recordar que seguen en pé as nosas reivindicacións da necesidade dun centro de ensino secundario na zona sur de Lugo. Intervirán membros da Plataforma en defensa do IES As Mercedes, ANPAs e asociacións de veciños da cidade.
Gustaríanos contar coa vosa asistencia


Nenhum comentário:

Postar um comentário