8 de mai. de 2013

APOIO O 9 DE MAIO



ANPA IES AS MERCEDES
Avda. de Madrid,  75 – 27002 – Lugo
Teléfono: 628 865 164
anpa.asmercedes@gmail.com
NOTA INFORMATIVA IMPORTANTE

Prezadas familias.  
 Como xa saberedes, está convocada para mañá xoves 9 de maio unha folga xeral no ensino público convocada pola maioría dos sindicatos de ensinantes, as organizacións estudantís e as principais federacións e confederacións de ANPAS do Estado, incluída a FAPACEL, da que a nosa asociación forma parte . Os recortes sufridos polo ensino público nos últimos tempos e o contido do proxecto Lei Orgánica de Mellora da Calidade da Educación (a LOMCE, tamén coñecida como lei Wert) son as razóns fundamentais desta convocatoria.
 
Dadas as circunstancias que padece o noso INSTITUTO chamamos as familias de IES AS MERCEDES  a secundar esta folga. Lembrámosvos que os rapaces e as rapazas de 1º e 2º da ESO non teñen recoñecido o dereito de folga e, polo tanto, as familias que así o decidan deberán xustificar a falta ante o centro.

A PLATAFORMA CIDADÁ EN DEFENSA DO
 IES AS MERCEDES, TEN ACORDADO 
ACUDIR, COA NOSA REIVINDICACIÓN,
 ÁS DÚAS MANIFESTACIÓNS CONVOCADAS:

1ª.- 11:30h na HORTA DO SEMINARIO
2ª.-19:30h en SINDICATOS

MOI IMPORTANTE A PARTICIPAICIÓN 
DE TODOS E TODAS, IDENTIFICADOS CO NOSO PANO VERDE

Nenhum comentário:

Postar um comentário