3 de mai. de 2013

IES AS MERECEDES PRESENTE EN CORRELINGUA

La Voz de Galicia/2013/05/04/carreira-pola-lingua-e o IES AS MERCEDES


NOTA DE PRENSA Día 3 de maio de 2013

O IES AS MERCEDES FUNCIONA, NON O DESINTEGREDES


A reivindicación do IES AS MERCEDES a favor da continuidade da ESO e BAC estivo presente hoxe en primeira liña do Correlingua-2013 en defensa do idioma, sumando así dúas reivindicacións que, dende a Comunidade Educativa, consideramos complementarias: trátase ao fin de defender un ensino público de calidade plenamente comprometido coa sociedade. Este compromiso coa Formación Profesional e coa ESO e BAC é o que agora a Dirección Xeral de Educación e Formación Profesional quere desmantelar arbitrariamente.


E a actividade reivindicativa continúa mañá (sábado 4 de maio), na praza de Augas Férreas, a plataforma cidadá volverá a por unha mesa informativa e con recollida de sinaturas en apoio á reivindicación.

Nenhum comentário:

Postar um comentário