7 de mai. de 2013

EN DEFENSA DO IES AS MERCEDES: NO PLENO DO CONCELLO DE LUGO, 6 DE MAIO

Para ver e escoitarlo facer clic eiquí


Boas tardes Sr.Alcalde, Srs.e Sras.Concelleiros, son Berta Villamor Catoira, e estamos aqui como lucenses e afectados coa desaparición do Ies As Mercedes, solicitando o apoio de todos vostedes para solucionar o problema social,no ensino de Lugo,xenerado pola decisión da Consellería.
Este Decreto aprobado sen estudios nin consensos ,algo que o demostra o desenrolo do mesmo:
-Non se contou cos centros nin co Consello Escolar Municipal.

-Perdida do dereito de rematar as etapas academicas no centro escollido.A reubicación dos alumnos non ten caracter forzoso, o noso IES, sufre unha decisión politica

-Ausencia de planificación previa asi o demostra que:
         * O catro de Abril, daselles as familias 24 horas para facer reserva interna en centros non de orixen.Ampliase hasta o dia 9.Poñendo varias opcións de centro,a costa das vacantes a disposición dos lucenses expostas para proceso admisión externa do 5 ao  17 de Abril.
         * Cubrindo por dúas veces a reserva,xa que o venres 12 de Abril, apareceron de debaixo das pedras 19 prazas no Lucus ,en 4º da Eso, e volta a cubrir reservas..
         * Firmando a perdida do transporte e comedor aos alumnos do Corgo noutros centros distintos o Sanxillao e e tres horas despois firmando o contrario.
Si as familias fixeramos os tramites desta maneira, estariamos na ilegalidade, e de supor que as obrigas son para todos,a Consellería tamén.

Todo esto constata a improvisación e por outra banda, os danos que ocasiona o Decreto aprobado son ven visibles, levandonós a:

Fomento do fracaso escolar, pola perda de referentes psicopedagoxicos e dun proxecto educativo eficiente,así o demostran os premios acadados. Os alumnos non son mobiliario de oficina, son persoas formándose academicamente e para ser sociedade, para o cal nestas edades e fundamental ter unha seguridade e estabilidade emocional, que o aporta a interacción do profesorado cas familias.


Se o obxetivo e ter un ensino de calidade non e de entender por que se firman medidas que nos colocan peor que hai trinta anos, xa que o aumento de alumnos por aula e evidente, o cal nos leva a menos recursos a utilizar por mais alumnado.

Coa perdida de atención individualizada e de apoios para os alumnos que teñen dificultades de aprendizaxe, tamén para os centros que acolleran aos alumnos do Ies As Mercedes, xa saturados e a demanda futura que esta en aumento.(Ampliaronse as lineas por curso)

Aumento minimo de dous Km. no desprazamento diario dos alumnos,con repercusións organizativas e económicas para as familias. Claro que  según a Conselleria, en Lugo non hai distancias.¿Como xestionaran o desprazamento dos alumnos do Corgo a tres IES? Tampouco se sabe

Non e incompatible a convivencia e cohesión da FP co Ensino Secundario e Bac no IES As Mercedes.De feito a convivencia das mesmas axudan aos alumnos a decantarse por unha das opcións formativas, sin tanto risco de fracaso. Do contrario nos outros IES aos que nos mandan,que tamén teñen ciclos formativos,a Consellería, tería que aplicar o Decreto.


Economicamente investironse unhos cartos no IES As Mercedes,para melloras na secundaria, tampouco se entende que se tiren, xa que ese investimento no e aproveitable por a normativa de espazos que se exise na FP, e na cal o maior problema reside nos talleres, problema da FP, que sería o que ten que solucionar  a Consellería para ter unha FP, actualizada e moderna, porque da eficiencia xa se encargan de poñela os mestres e os alumnos en colaboración cos de Secundaria e Bac.Recordamos que foi multiples veces premiado a nivel nacional e con alumnado no Progama Erasmus.


Hai unha semana a Conselleria, decía que había 1500 prazas dispoñibles, agora xa son 1000, ainda que foxe certo, serían prazas para toda a cidade mais zonas as limitrofes, sumando a demanda dos centros concertados da cidade que non ofrecen Bac, a excepción de un.
Estando a maioria destas prazas en BAC, ensinanza non obligatoria,de feito no Ollos Grandes hai cero prazas para 2º de Eso e no Lucus habia cero para 4º da ESO, despois reinventaronse 19, como expusemos antes.

A creación de novas prazas en Ciclos Formativos, e totalmente viable e compatible dentro dos centros existentes na cidade, sin caer en gastos suplerfuos de cambiarlle o nome as cousas, de feito teñen un centro ocupacional proximo o noso IES, totalmente infravalorado.Investir en educación e facer que os recursos existentes se potencien non desmantelar o que funciona.

O motivo da creación de Centros Integrados, non esta xustificada pola oferta de postos de traballo, ¿senón porque temos paro?

A cidade de Lugo non gana prazas de ensino ,PERDE o único IES da zona sur de Lugo, zona de amplio crecemento demografico, de feito ampliaronse as lineas por curso,este decreto non podera ser sostido a corto ou medio prazo,e ca implantación de centros integrados que non estan rexidos coma un centro escolar escondese unha privatización da FP.

Ao Sr. Castiñeira,pregamoslle, que axelice a data da nosa entrevista co Sr. Conselleiro, se lle interesou vir As Mercedes para a foto do premio nacional, que sexa honesto e valente e se entreviste con nós. Para facer politica e non só ser politico.

Por todo ó exposto, que constata a inexistencia de un estudio serio e consensuado cos centros da cidade,nin co Consello Escolar Municipal,             pregamoslles a todos os partidos que forman o pleno que apoien por unanimidade a nosa proposta, e decir que a disciplina de voto, debe ser para respaldar sempre,os dereitos de aqueles aos que se representa,co voto que se lles confiou e o soldo que se lle paga, porque do contrario non se e merecedor da confianza do pobo e dubidamos que a conciencia se poda ter tranquila.








Nenhum comentário:

Postar um comentário