9 de mai. de 2013

MANIFESTACIÓN AS 11:30 DO 9 DE MAIO



NOTA DE PRENSA DÍA 9 DE MAIO DE 2013
O IES AS MERCEDES FUNCIONA,
 NON O DESINTEGREDES


A Plataforma cidadá en defensa do IES As Mercedes participou hoxe nas manifestacións en defensa do ensino público e contra da LOMCE, aproveitando, unha vez máis, a oportunidade de visualizar a súa reivindicación, pero tamén destacando, antes de nada, que a supresión do IES As Mercedes (o segundo Instituto de Ensino Medio que a Consellería pecha en Lugo en menos de dous anos) non é máis que un adianto, a modo de ensaio, da nova política educativa elitista e privatizadora que a LOMCE pretende impoñer aos nosos fillos e fillas.
Así pois, se importante é manifestar a repulsa firme fronte á LOMCE, non o é menos tratar de impedir que as políticas educativas da Consellería, de recorte de recursos humanos e materiais leven ao peche, sen motivación algunha, de centros educativos como o IES As Mercedes.
Neste compromiso seguimos. Agardamos, despois de máis dun mes de espera, que o Sr. Conselleiro, entre as súas moitas ocupacións, teña tempo de explicarlle ao IES As Mercedes as motivacións que supuxeron o peche.

Nenhum comentário:

Postar um comentário