8 de mai. de 2013

FOLGA O NOVE DE MAIO: loitamos contra os recortes e a LOMCE


LOITAMOS CONTRA OS RECORTES
PORQUE AS NAIS E PAIS:

CONFEDERACIÓN GALEGA DE ANPAS DE CENTROS PÚBLICOS

• Non aceptamos que haxa nenas e nenos que pasen fame nos centros educativos por falta de becas de comedor escolar.
• Non aceptamos que se eliminaran as axudas para a adquisición de libros de texto e material curricular ou que as familias teñan que adiantar os cartos para as mesmas.
• Non aceptamos que as suplencias de docentes estean sen cubrir varios días, perdendo así unha cantidade importante de tempo escolar.
• Non aceptamos que as Escolas Infantís Públicas teñan cotas tan altas que as familias teñan que verse na obriga de rexeitar as prazas.
• Non aceptamos que se eliminara ou reducira a compensación educativa, o reforzo escolar e a atención á diversidade.
• Non aceptamos que as novas tecnoloxías sigan a ser unha utopía no día a día dos centros escolares.
• Non aceptamos que se pechen centros educativos públicos cando as familias queren seguir escolarizando neles aos seus fillos e fillas.
• Non aceptamos que se eliminen as rutas escolares que garanten que todo o alumnado poda exercer o seu dereito á educación.
• Non aceptamos que o ensino non obrigatorio teña taxas que impidan escolarizar nel aos seus fillos e fillas.
• Non aceptamos que o despido do profesorado nos condene a ter grupos sen desdoblar ou bibliotecas pechadas.
• Non aceptamos que se elimine orzamento para o funcionamento dos centros, as actividades extraescolares e as complementarias.
• Non aceptamos o abandono do mantemento dos centros educativos, condenándoos a un deterioro innecesario.
• Non aceptamos a paralización da construcción de novos centros educativos que sexan necesarios para garantir a existencia suficiente de postos escolares públicos.
• Non aceptamos que se poña fin a proxectos que xa demostraron a súa eficacia para mellorar a calidade do sistema educativo.
• Non aceptamos a financiación do ensino privado con fondos públicos.
E non aceptamos moitas outras medidas de recorte e desmantelamento postas en marcha coa excusa da crise económica.
ESIXIMOS a financiación axeitada do noso sistema educativo público para asegurarlle os recursos necesarios.
ESIXIMOS un cambio radical nas políticas educativas que se están a desenvolver contra do dereito á educación, dirixidas de maneira especial contra todo o público.
ESIXIMOS o relevo de todos os gobernantes que son responsables desta situación.LOITAMOS
        
                                 CONTRA Á LOMCE

PORQUE AS NAIS E PAIS:
CONFEDERACIÓN GALEGA DE ANPAS DE CENTROS PÚBLICOS


• Non aceptamos que se reforme o sistema educativa por imposición ideolóxica, sin o necesario diálogo e imprescindible consenso con todos os sectores da comunidade educativa.
• Non aceptamos que se poña en marcha unha nova lei de educación, usando de forma sesgada os datos dos informes internacionais,
• Non aceptamos que os gobernantes vulneren a lexislación vixente, nin que fagan caso omiso das sentenzas xudiciais, atacando con iso o Estado de Dereito.
• Non aceptamos o ataque e desmantelamento da escola no mundo rural, porque supón o desarraigo familiar do alumnado e o despoblamento dos territorios.
• Non aceptamos que a Educación Infantil perda o seu carácter educativo e público para convertila exclusivamente nun modelo asistencial.
• Non aceptamos que as reválidas convirtan a educación nunha carreira de obstáculos a superar, na que moitos alumnos e alumnas queden polo camiño.
• Non aceptamos que os nosos fillos e fillas queden sen titular tendo os cursos aprobados por culpa dunhas reválidas externas que, ademáis, supoñen un desprezo do labor do noso profesorado.
• Non aceptamos que os centros educativos separen por supostos niveis aos alumnos, condeando a moitos deles a vías de segunda categoría.
• Non aceptamos que a Formación Profesional siga a ser desprestixiada, que o modelo Dual sexa unha vía sen saída e a formación en empresas sexa un engano máis.
• Non aceptamos que o goberno pense na educación como un proceso cuxo principal obxectivo sexa xerar man de obra e que o futuro do alumnado quede supeditado ao mercado.
• Non aceptamos a limitación do exercicio dos nosos dereitos, entre eles os de participación, liberdade de expresión e reunión; supón un ataque á Democracia.
• Non aceptamos que se negue, se impida ou se dificulte ás familias o seu dereito constitucional ao control e xestión dos centros educativos.
• Non aceptamos normas que busquen enfrentar deliberadamente aos sectores da comunidade educativa, rachando coa necesaria colaboración entre eles.
• Non aceptamos a ruptura da convivencia con sistemas que outorgan un poder ditatorial ao goberno de turno, exercido mediante direcións elixidas “a dedo”.
• Non aceptamos normas de expulsión das familias dos centros educativos, deixándoas fóra deles e condeándoas a un papel educativo subordinado.
• Non aceptamos que se confronten as linguas cooficiais, que se minorice o galego e que isto se utilice como elemento de discrepancia entre os cidadáns dos distintos territorios.
• Non aceptamos que se engane ás familias con falsos programas bilingües que só serven para segregar ao alumnado e contratar a dedo a profesorado estranxeiro.
• Non aceptamos que se lles outorgue aos centros a posibilidade de aplicar criterios subxectivos de selección ao alumnado que deben escolarizar
• Non aceptamos a redistribución de xeito inxusto da renda dispoñible, vulnerando o mandato constitucional, mediante desgravacións fiscais ou cheques escolares.
• Non aceptamos o ensino da relixión nos centros educativos e moito menos que se potencie, vulnerando a aconfesionalidade do Estado e perpetuando elementos de separación e segregación.
• Non aceptamos modelos educativos memorísticos, repetitivos e pouco motivadores que non resposten ao modelo flexible, inclusivo e de atención á diversidade polo que loitamos.
E non aceptamos moitas outras cousas que a contrarreforma denominada LOMCE quere impor para atacar igualmente o dereito á educación e condear á nosa sociedade a unha involución que non debería nunca producirse.
Esiximos o relevo do equipo ministerial pola ausencia de diálogo, pola falta de consenso social e pola inestabilidade normativa que xerou, así como a retirada inmediata da LOMCE.
CONFEDERACIÓN GALEGA DE ANPAS DE CENTROS PÚBLICOS

Nenhum comentário:

Postar um comentário